speaker-photo

Francisco do Romualdo

Narrador

Unha das máis prestixiosas voces da narración oral, dos cantos de cego e da dinamización rural e turística, da Ribeira Sacra.

Francisco do Romualdo é o nome artístico do zanfonista e cantor Francisco Almuíña, que cambiou a súa profesión de enfermeiro pola actividade artística, logo de perder a vista. Un grande defensor do patrimonio cultural galego e un pioneiro na posta en práctica das experiencias de descoberta de Galicia, dende un prisma onde o mimo, o sensorial e o coñecemento se entrelazan. Na súa propia denominación: experiencias que #engalician

Tamén xestiona coa súa muller unha casa rural no lugar de Vilar, en Vilela (Taboada) alén de presidir a Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural, da que é o fundador. Na actualidade é o único artista invisual verdadeiro que representa os cantos de cego.

10:00 - 13.30

Sábado 10 de Xuño

ROTEIRO: CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO

(saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)

Percorrido cultural do viño con intervencións artísticas:
Mallou Cantares da Terra, música
María Pichín e Ariadna Vázquez, danza contemporánea
Alba María, poesía oral improvisada
Francisco do Romualdo, narración oral e cantos de cego
Samuel Gómez Díaz, viticultor e membro da Asociación Veciñal-Cultural Vilar Friamonde Mourulle
Héctor Ferreiro Abelairas, viticultor e adegueiro

CATA GUIADA