speaker-photo

Héctor Ferreiro Abelairas

Adegueiro

Héctor é un dos responsables de que Castrofiz botase a andar, polo 2017; da man de José Luis Fernández Pedreira crearon esta pequena adega da Ribeira Sacra, que responde á procura do viño que eles mesmos querían beber, ese que fora elaborado dende a tradición ribeirá e dende o respecto á terra, á viña e á súa simbiose co patrimonio no que se integra.

Castrofriz conta cunha superficie de tres hectáreas (máis de 100 cavaduras) de cepas tintas (mencía, brancellao, sousón, garnacha tintureira, merenzao e gran negro) e unha hectárea de cepas brancas (godello, treixadura, albariño, dona branca e branco lexítimo) que se espallan entre a Ribeira Sacra, polas parroquias de San Fiz en Chantada, Castelo e Sobrecedo en Taboada, e Belesar no Saviñao, onde as cepas máis lonxevas conviven en sinerxía coas novas xeracións na procura do equilibrio que pretende Castrofiz.
Posuen ademais unha parcela de 0,6 ha con certificado do CRAEGA de agricultura ecolóxica, porén o seu obxectivo vai máis aló dunha produción respectuosa co chan e apostanpor unha viticultura e enoloxía sostibles máis tamén depositarias e transmisoras dos saberes tradicionais ao tempo que profesionalizadas.