speaker-photo

Alba María

Poesia improvisada

Cantora, improvisadora oral e docente de lingua e literatura galega.
Inicia a súa formación musical no CMUS de Vigo, na especialidade de acordeón. Comeza unha carreira como cantautora tras gañar o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco Aínda (aCentral Folque 2014).

Fórmase no canto na Escola de Música d’aCentral Folque desde 2013, con mestras coma Paulina Ceremuzynska, Ugia Pedreira ou Davide Salvado. En 2017 comeza a traballar n’aCentral Folque como coordinadora da súa escola de música e produtora, arredor de proxectos que mesturan a oralidade coa igualdade de xénero, o traballo social ou o patrimonio inmaterial.

Colabora co proxecto Regueifesta desde 2014, que tenta potenciar as posibilidades pedagóxicas da regueifa no ensino medio. É unha das impulsoras da Nova Regueifa Feminista, que tenta levar os valores de igualdade de xénero á improvisación oral galega. Como investigadora ten publicado o libro-CD Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo (aCentral Folque,2017), un monográfico arredor deste xénero de improvisación.

Foi membro ata 2021 do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. É unha das fundadoras do grupo de improvisadores Erre que Erre Regueifa Rabuda, que tenta crear comunidade e público na regueifa a través da formación en improvisación e a posta en común dos seus valores para toda a poboación desde os 3 aos 100 anos.
O seu pasado familiar está na parroquia pantonesa de Tuiriz.

10:00 - 13.30

Sábado 10 de Xuño

ROTEIRO: CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO

(saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)

Percorrido cultural do viño con intervencións artísticas:
Mallou Cantares da Terra, música
María Pichín e Ariadna Vázquez, danza contemporánea
Alba María, poesía oral improvisada
Francisco do Romualdo, narración oral e cantos de cego
Samuel Gómez Díaz, viticultor e membro da Asociación Veciñal-Cultural Vilar Friamonde Mourulle
Héctor Ferreiro Abelairas, viticultor e adegueiro

CATA GUIADA