speaker-photo

Mallou Cantares da Terra

Grupo musical

Mallou son Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez e nace como a consecuencia natural dunha viaxe conxunta e individual de ambos dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz (country, blues e soul) ata a música galega.

Sabela e Benxamín achegan un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades.

A viaxe transcorre por cancións e poemas; Mallou é realmente unha paisaxe sonora, con fortes raíces na tradición, ensambladas con diversas infuenzas musicais, onde se crean alianzas estilísticas e entre xéneros musicais. Sabela e Benxamín trenzan as súas traxectorias e sensibilidades musicais, e dan forma a un proxecto sutil e intenso, contido e enérxico, íntimo e sólido. Unha maneira de entender a música, onde as cancións latexan por si soas.

10:00 - 13.30

Sábado 10 de Xuño

ROTEIRO: CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO

(saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)

Percorrido cultural do viño con intervencións artísticas:
Mallou Cantares da Terra, música
María Pichín e Ariadna Vázquez, danza contemporánea
Alba María, poesía oral improvisada
Francisco do Romualdo, narración oral e cantos de cego
Samuel Gómez Díaz, viticultor e membro da Asociación Veciñal-Cultural Vilar Friamonde Mourulle
Héctor Ferreiro Abelairas, viticultor e adegueiro

CATA GUIADA