speaker-photo

María Pichín

Intérprete e Docente

Titulada en Danza Clásica, Graduada Superior en Pedagoxía da Danza Clásica.

Intérprete e Docente. Imparte os Obradoiros Cali para Nen@s

Preséntome como amante da natureza, a danza, a educación, o mar, a cor azul e a tranquilidade. Fronte a un mundo de constante movemento e saturación, síntome cómoda e libre na natureza. Desde pequena mantéñome en contacto con ela e necesítoa para sentirme en harmonía. O mesmo pásame coa danza, a miña forma de escape e de desconexión que me permite conectar comigo mesma dun xeito moi sincero.

Unha das miñas grandes motivacións é seguir aprendendo e achegar ao alumnado, ao público e as persoas máis próximas a min, a esencia e a maxia da danza

10:00 - 13.30

Sábado 10 de Xuño

ROTEIRO: CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO

(saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)

Percorrido cultural do viño con intervencións artísticas:
Mallou Cantares da Terra, música
María Pichín e Ariadna Vázquez, danza contemporánea
Alba María, poesía oral improvisada
Francisco do Romualdo, narración oral e cantos de cego
Samuel Gómez Díaz, viticultor e membro da Asociación Veciñal-Cultural Vilar Friamonde Mourulle
Héctor Ferreiro Abelairas, viticultor e adegueiro

CATA GUIADA