speaker-photo

Ariadna Vázquez

Intérprete e Docente

Titulada en Danza Contemporánea, Formación en Danza Galega.

Intérprete e Docente. Imparte os Obradoiros Cali, Tradición e Raíz

Son unha persoa que vivo danzando, vivo en forma de arte, conectada ao meu corpo, ao meu ser, á miña nena. A conexión coa natura e as persoas forman unha parte moi importante no meu día a día. Vivo dende o amor, o cariño, o coidado, a sensibilidade e o respecto. No meu camiño verdadeiro, evolucionando e aprendendo de todo o que se presenta neste sendeiro. Saneando todo o vivido, saneando a través da arte, do meu interior. Confío.

10:00 - 13.30

Sábado 10 de Xuño

ROTEIRO: CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO

(saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)

Percorrido cultural do viño con intervencións artísticas:
Mallou Cantares da Terra, música
María Pichín e Ariadna Vázquez, danza contemporánea
Alba María, poesía oral improvisada
Francisco do Romualdo, narración oral e cantos de cego
Samuel Gómez Díaz, viticultor e membro da Asociación Veciñal-Cultural Vilar Friamonde Mourulle
Héctor Ferreiro Abelairas, viticultor e adegueiro

CATA GUIADA