AGRADECEMENTOS O EQUIPO QUE FIXO POSIBLE RAIZAMES
RaizameS é unha semente de presente e futuro que conseguíu agromar grazas á dedicación e entrega dun equipo profesional e humano ben fornecido de confianza,…
RAIZAMES é a segunda edición do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, que se celebra en Taboada os días 10, 11 e 12 de Maio.
Unha viaxe identitaria a través do tempo e a historia que se mergulla no legado vitícola da Ribeira Sacra.
A oportunidade de descubrir e desfrutar os viños da Ribeira Sacra, contextualizados no seu propio territorio e nas mans que os fan posibles.
RAIZAMES é atmósfera viño, sentimento de celebración e encontro multidisciplinar entre almas apaixonadas polo viño, onde se respira cultura, territorio, sabiduría local, artes e coñecemento.
Espazo onde se atopan as últimas noticias e actualizacións sobre o evento.
RaizameS é unha semente de presente e futuro que conseguíu agromar grazas á dedicación e entrega dun equipo profesional e humano ben fornecido de confianza,…
A despedida desta primeira edición de RaizameS, celebrouse coa copa en alto, coa emoción de sabernos sementes e brindando por reencontrarnos no 25 aniversario (e…
Contos para público familiar con Anxo Moure RaizameS mira á infancia como actor social en si mesmo, e procura o seu papel social activo. As…
O viño no centro. Luís Díaz, contaviños do Espazo Adegas. Para dar sentido ás apaixonadas exposicións de cada un dos adegueiros e adegueiras participantes no…
A Atmosfera Viño da mañá do domingo na Praza de Riazón tivo ese sabor característico dos momentos especiais, o sabor dos descubrimentos das primeiras veces.…
Se detrás de cada viño se atopa un proceso de elaboración único que aporta unhas características especiais e diferenciadoras, detrás de cada adega agóchase unha…
Espazo dedicado a amosar as fotografías máis representativas do noso festival.
Espazo onde se atopan os invitados destacados, as últimas incorporacións ao programa e todo o que necesitas saber para vivir plenamente a experiencia do primeiro Encontro da Cultura do Viño, Raizames.
Xerente Vinosacra.es
Técnico superior en Restauración de Alimentos e Diplomado en Turismo. Actualmente traballa como Xerente e Sumiller de Vinosacra.es Almacén (Distribución, Formación e Tenda de viños en Chantada).
Ademáis compaxina o seu traballo coa docencia/formación en hostelería, impartindo cursos de Cafés (Historia, Uso, Catas e Degustación del Café), Enoloxía e Cata (Viños, Augardentes e Licores), Coctelería, etc
Asimesmo, forma parte do panel de cata do "Consello Regulador da Denominación de Orix Ribeira Sacra" dende o 2012 e está homologado como xuíz técnico e sensorial de Baristas (cafés, cócteles e especialidades), polol Fórum Cultural do Café e pola SCAE (Speciality Coffe Assn. of Europe) dende o 2008.
Acumula importantes premios que responden á súa paixón e entrega á hostalaría en xeral.
Xerente de Vinissi
Encántalle contar as historias que hai detrás das botellas de viño.
Sumiller formada no Instituto Galego do Viño. É tamén a principal responsable do «Lucus in vino veritas», evento viñícola especializado e dirixido aos amantes do viño que en maio de 2021 celebrou a súa primeira edición, en Lugo, posicionándose como referente no sector da provincia.
Montou Vinissi fai dez anos como unha idea de distribución especializada de viño galego. Formouse no Ingavi, e dende entón a formación é outros dos alicerces so seu proxecto.
Neste camiño de emprendemento, fai cinco anos naceu EnVinissi unha tenda e sala de catas coa aspiración da difusión da cultura do viño.
Viticultora e Adegueira
Adega Diego de Lemos.
É a pioneira e a viticultora de mirada máis experimentada, sendo xa, neta de viticultores.
Foi a primeira persoa en inscribir a súa adega coa D.O Ribeira Sacra en 1987 e ecoloxista por instinto, foi a primeira en elaborar viño ecolóxico en Galicia, creando a primera adega de viño ecolóxico certificado de Galicia aos seus 64 anos.
O seu bo facer, faina merecente de numerosos e importantes recoñecementos, como o Premio da Xunta de Galicia á Muller Rural Emprendedora, o Premio Mágnum Honorífico “Viñolvidable” do Instituto Galego do Viño, o recoñecemento Son Muller da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo e o Premio Excelencia Medioambiental 2022 concedido polos Premios Ecovino, o maior concurso de viños ecolóxicos da Península Ibérica; entre outros.
Adegueiro
Lagar do vento é un viñedo familiar cunha produción limitada e un forte compromiso coa viticultura rexenerativa, que busca conservar a contorna e loitar contra o cambio climático. É o único membro en Galicia da pioneira Asociación de Viticultura Rexenerativa, así como a Regenerative Viticulture Foundation, asociación mundial aliñada cos obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU. Ten dúas hectáreas de viñedo en Belesar (Chantada) e elaboran os seus viños na adega de Roberto Regal.
Antonio Roade é copropietario da adega Lagar do Vento, membro da asociación de viticultura rexenerativa e máster en sustentabilidade pola Universidade de Cambridge. Nun artigo publicado na Voz de Galicia Antonio declara que “A Ribeira Sacra non só é unha importante fonte de riqueza. Pode ser ademais un instrumento para rexenerar o ecosistema e loitar contra o cambio climático”.
Xornalista e Creadora
Lorena Gallardo, licenciada en xornalismo, que foi redactora coordinadora de informativos de Televinte Chantada e xornalista no gabinete de prensa da USC, El Progreso, Onda Cero e En Común, é a responsable xunto a Humberto Novoa, da creación do documental A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico no ano 2021, producido por Chantada Comunicación S.L (Mercedes Vázquez)
O documental A verba viva é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dentro da Rede de Dinamización Lingüística.
Faise unha viaxe pola paisaxe cultural da Ribeira Sacra na que os ribeiraos e ribeirás van achegando o léxico, os traballos, a cultura das ribeiras do Sil e do Miño. A paisaxe das muras ou socalcos en pendente, a cultura arredor do cultivo das viñas e a elaboración do viño e a augardente, a olaría, a carpintería, as barcas típicas vanse achegando aos ollos do espectador ao longo do filme.
Segundo o Portal da Lingua Galega "A verba viva pretende, ademais de entreter e guiar o espectador, promocionar a Ribeira Sacra e afondar no seu patrimonio lingüístico co obxectivo de recoller, recuperar e divulgar a lingua e os termos propios do xeito de vida da ribeira: artesáns e artesás, viticultores ou viticultoras con herdanza familiar e amantes do río e da terra
Narrador
Unha das máis prestixiosas voces da narración oral, dos cantos de cego e da dinamización rural e turística, da Ribeira Sacra.
Francisco do Romualdo é o nome artístico do zanfonista e cantor Francisco Almuíña, que cambiou a súa profesión de enfermeiro pola actividade artística, logo de perder a vista. Un grande defensor do patrimonio cultural galego e un pioneiro na posta en práctica das experiencias de descoberta de Galicia, dende un prisma onde o mimo, o sensorial e o coñecemento se entrelazan. Na súa propia denominación: experiencias que #engalician
Tamén xestiona coa súa muller unha casa rural no lugar de Vilar, en Vilela (Taboada) alén de presidir a Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural, da que é o fundador. Na actualidade é o único artista invisual verdadeiro que representa os cantos de cego.
Propietario Instinto Romano
Miguel Pavón é Enxeñeiro agrícola e propietario de Instinto Romano, adega situada no municipio de Taboada. O seu viño obtivo a medalla de ouro na categoría de tintos do 2021 na cata oficial organizada polo Consello Regulador de Ribeira Sacra, unha homenaxe ao seu avó Reinoso que o mergullou no amor e respecto polas viñas.
O viñedo de Instinto Romano está ao pé do Miño, na aldea taboadesa de Sobrecedo. É un lugar paradisíaco nas inmediacións do mergullado Castro Candaz. Trátase dunha zona na que o encoro se alonga ao máximo. A parcela de Miguel Pavón salvouse por pouco da subida do nivel da auga cando construíron o encoro de Belesar.
As cepas máis vellas da parcela suman máis de 80 anos e o terreo que traballaba o seu avó era pouco máis de media hectárea, pero Miguel foi ampliando ata sumar máis de catro hectáreas nunha peza única. En 2015 deu o salto á comercialización co selo da denominación de orixe.
Xornalista e divulgador, especializado en viños.
Toda a súa traxectoria profesional vencellada ao viño e ao xornal La Voz de Galicia, onde compaxinou crónicas vitivinícolas centradas na Ribeira Sacra con seccións de viños nas páxinas de Sociedade do xornal e no suplemento HUM! que foi premiado polo Ingavi nos Magnums á mellor labor de comunicación do viño.
Foi membro durante moitos anos do panel de cata da DO Ribeira Sacra e xurado na cata oficial desa DO e das de Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras, ademais da Cata dos Viños de Galicia, dos premios Bacchus que oganiza a Unión Española de Catadores ou o do concurso internacional que organiza o Cervim en Aosta para premiar os mellores viños de montaña europeos.
Foi tamén xurado en todas as edicións dos Premios Mágnum que concede o Instituto Galego do Viño e no ano 2006, recibíu unha das distincións anuais da Asociación de Sumilleres Gallaecia.
No 2017 o seu traballo foi recoñecido pola organización de Fevino de forma conxunta con divulgadores do viño como José Peñín, Andrés Proensa, Paz Ibison, Bartolomé Sánchez Fernando Gurrucharri ou Amaya Cervera.
Ten colaborado co Club Matador (xornada dedicada á Ribeira Sacra no 2016) e coa revista francesa Le rouge et le blanc en publicacións sobre o parentesco entre castes galegas e francesas, como o merenzao.
Espazo onde se describen as actividades do primeiro Encontro da Cultura do Viño, Raizames .