CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO

Este percorrido cultural do viño con intervencións artísticas é unha chamada directa aos amantes do viño, a esas persoas apaixonadas  por descubrir non só novos caldos, senón en adquirir un profundo coñecemento do viño e de todos os elementos que o fan posible. 
Baixo a idea-fío condutor de contribuír á descoberta de todo o que contén unha cunca de viño da D.O Ribeira Sacra, créase un itinerario que supón realizar unha viaxe a través da cultura do viño no tempo, percorrendo aldeas e parroquias cun estilo de vida, unhas arquitecturas e unha forma de facer as cousas, que son cada vez máis excepcionais. 
O roteiro parte dende a Praza de Riazón, e percorre unha boa parte do territorio municipal, asegurando un mergullo nos emprazamentos significativos relacionados coa cultura do viño, nos que se realizarán paradas interpretativas, para rematar a viaxe cunha cata de viños da D.O Ribeira Sacra, coñecendo de primeira man o produto desa viticultura heroica.
En cada unha das estacións, as persoas participantes descubrirán un enclave relevante, que será presentado, interpretado e transmitido ben por axentes locais/informadores de primeira liña, ben por persoas expertas ou ben por artistas (da narración oral, a música, a poesía ou  a danza).

A excepcionalidade tamén é un criterio na escolla das paradas, engadindo o acceso a espazos non visitables en condicións habituais.

Intervencións:
Francisco do Romualdo, narración oral e cantos de cego
Mallou Cantares da Terra, música
Ariadna Vázquez e María Pichín, danza conteporánea
Alba María, poesía oral improvisada
Samuel Gómez Díaz, viticultor e membro da Asociación Veciñal-Cultural Vilar Friamonde Mourulle
Héctor Ferreira Abelairas, viticultor e adegueiro

Data e hora

sab., 10 de Xuño de 2023 10:00 - 13:30 ​

Ubicación

Praza de Riazón en Taboada, Lugo

Acerca do evento

Duración: 4 horas.
Necesítase reservar entrada.

Comparte este evento

GALERIA DA ACTIVIDADE

Concello de Taboada
Galicia
Fundación Condado de Taboada
Logo Caixa Rural Galega

Dirección de contidos vitivinícolas:
Roberto Regal, asesor enolóxico.

Desenvolve o Encontro:
Noa López Producións.

Comunicación e prensa:
Achega.