speaker-photo

Anxo Moure

Escritor e Contacontos

Escritor, contacontos e ecopacifista, de Chantada. Exerce de contacontos dende os anos oitenta e é barqueiro da A.C. Barcas do Miño, cunha longa traxectoria e experiencia no manexo de embarcacións tradicionais.
As súas actividades son cómicas e divulgativas, enmarcadas no ecoloxismo e o ecopacifismo. Absolutamente vencellado coas actividades de educación ambiental e animación cultural a través de contacontos pedagóxicos, co fomento da lectura ecolóxica a través das Ciclobibliotecas e coas actividades de divulgación do coidado dos ríos a través do proxecto EmbarcaEscola.
Conta coa extensa publicación de libros de contos sobre o coidado da natureza "O Carballo con Botas" "A xacia luviñas" "Plantarse" "As árbores da paz" "Salgadiña estrela de Fisterra" "O Paraugas Dameaugas" "As magas da Liberdade", "Tío Teixo".
Impulsou a creación do Cinema Palleiriso na aldea de Garabelos, na parroquia de Mariz.

13.00

Domingo 11 de Xuño

O VIÑO VIAXA EN BARCA

LOCALIZACIÓN: Praza de Riazón

PARTICIPAN:

Anxo Moure  Contos para público familiar, coas Barcas de Pousa e Batuxos