speaker-photo

Lorena Gallardo

Xornalista e Creadora

Lorena Gallardo, licenciada en xornalismo, que foi redactora coordinadora de informativos de Televinte Chantada e xornalista no gabinete de prensa da USC, El Progreso, Onda Cero e En Común, é a responsable xunto a Humberto Novoa, da creación do documental A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico no ano 2021, producido por Chantada Comunicación S.L (Mercedes Vázquez)

O documental A verba viva é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dentro da Rede de Dinamización Lingüística.

Faise unha viaxe pola paisaxe cultural da Ribeira Sacra na que os ribeiraos e ribeirás van achegando o léxico, os traballos, a cultura das ribeiras do Sil e do Miño. A paisaxe das muras ou socalcos en pendente, a cultura arredor do cultivo das viñas e a elaboración do viño e a augardente, a olaría, a carpintería, as barcas típicas vanse achegando aos ollos do espectador ao longo do filme.

Segundo o Portal da Lingua Galega "A verba viva pretende, ademais de entreter e guiar o espectador, promocionar a Ribeira Sacra e afondar no seu patrimonio lingüístico co obxectivo de recoller, recuperar e divulgar a lingua e os termos propios do xeito de vida da ribeira: artesáns e artesás, viticultores ou viticultoras con herdanza familiar e amantes do río e da terra

19.00

Venres 9 de Xuño

VIDEOFORUM: OS GARDIÁNS DA RIBEIRA PRESENTE

LOCALIZACIÓN: Casa da Cultura

PARTICIPAN:

ACIMTA, Tamara Castro

Adegas da Memoria, Xosé Gago e José Castiñeira

A verba viva, Lorena Gallardo e Mercedes Vázquez

CATA GUIADA