speaker-photo

Ana Cabaleiro

Xornalista e escritora

Xornalista e escritora galega, de Silleda.
Ana Cabaleiro ten unha fonda vinculación persoal e profesional, co desenvolvemento do mundo rural e unha mirada e escrita que coloca o acento sobre as cuestións de xénero.

Premio García Barros 2018 coa novela As Ramonas, finalista do Premio Xerais 2020 coa novela "Deixádenos remar" e gañadora da primeira edición do Premio Exeria de creación literaria, do Concello de Santiago 2022.
Colaboradora con publicacións en Sermos Galiza e no Boletín Galego de Literatura.
18:30

Sábado 10 de Xuño

ENCONTRO: O VIÑO, UNHA HISTORIA DE MULLERES

LOCALIZACIÓN: Casa da Cultura

PARTICIPAN:
Esther Teijeiro, viticultora e adegueira
Paloma Rodríguez Moure, adegueira
Emilia Díaz, investigadora
Paula Fraga, sumiller e formadora
Ana Cabaleiro, xornalista e escritora
Intervención artística musical, Sabela Rey

CATA GUIADA