O VIÑO UNHA HISTORIA DE MULLERES

RaizameS mira en violeta ao longo de toda a programación, e ao mesmo tempo, tamén garante unha habitación propia para a mirada feminina.

“O viño, unha historia de mulleres” é o lugar de encontro entre mulleres referentes do mundo do viño. O testemuño sobre o desenvolvemento do seu labor no sector vitivinícola galego. Unha conversa guiada por Ana Cabaleiro, xornalista e escritora, que ten unha fonda vinculación persoal e profesional, co desenvolvemento do mundo rural e unha mirada e escrita que coloca o acento sobre as cuestións de xénero.

Participan as adegueiras e viticultoras Esther Teijeiro e Paloma R. Moure; a investigadora Emilia Díaz, e a sumiller e formadora Paula Fraga.

Catro mulleres referentes, entretecendo as súas miradas e o broche de ouro, cunha cata de viños e a intervención musical de Sabela Rey.

Data e hora

sab., 10 de Xuño. de 2023 18:30 - 19:30

Ubicación

Casa da Cultura en Taboada, Lugo

Acerca do evento

Duración: 1 horas.
Necesítase reservar entrada.

Comparte este evento

GALERIA DA ACTIVIDADE

Concello de Taboada
Galicia
Fundación Condado de Taboada
Logo Caixa Rural Galega

Dirección de contidos vitivinícolas:
Roberto Regal, asesor enolóxico.

Desenvolve o Encontro:
Noa López Producións.

Comunicación e prensa:
Achega.