speaker-photo

Emilia Díaz

Investigadora

Doutora en Bioloxía e master en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo; é a actual responsable do departamento de Viticultura na Estación de Viticultura e Enología de Galicia (EVEGAL).

Premio Ribeiro en Nós, polas súas aportacións para sentar as bases da viticultura galega do fututo, realiza pioneiras investigacións na área vitivinícola, centrando o seu desempeño, na caracterización das variedades da viña e na recuperación de variedades de cultivo tradicional que poden implicarse na produción de viños diferenciados, obtendo excelentes resultados.

Coordinadora do programa de Selección Clonal de variedades de Viña, aposta pola selección de clons de variedades tintas autóctonas galegas, especialmente nas variedades Brancellao e Sousón. Tamén coordina a liña de fitopatoloxía, centrada no estudo das enfermidades da madeira da viña, e promove a implicación de empresas do sector no I+D+I. Dende o 2014 coordinou numerosos proxectos autonómicos, nacionais e internacionais, implicando en todos eles, aos distintos axentes do sector vitivinícola de Galicia.

18:30

Sábado 10 de Xuño

ENCONTRO: O VIÑO, UNHA HISTORIA DE MULLERES

LOCALIZACIÓN: Casa da Cultura

PARTICIPAN:
Esther Teijeiro, viticultora e adegueira
Paloma Rodríguez Moure, adegueira
Emilia Díaz, investigadora
Paula Fraga, sumiller e formadora
Ana Cabaleiro, xornalista e escritora
Intervención artística musical, Sabela Rey

CATA GUIADA