Paloma Rodríguez Moure
Naceu nunha familia de viticultores, destiladores e gandeiros. Ao comezo da súa vida a súa maior paixón foi o debuxo, a pintura e a fotografía, e formouse neses ámbitos. Co transcorrer do tempo a terra voltou para chamala e retornou á súa Ribeira, ao seu Miño.
Realizou estudos no ámbito da sumilleria e a viticultura e actualmente forma parte da terceira xeración ao fronte da adega familiar ( Abadía da Cova ) xunto ao seu irmán Adrián e ao seu curmán Xosé. Paloma capitanea un relevo que tamén é conceptual ao apostar pola elaboración de viños máis naturais, nos que prima o respecto á súa orixe sobre a sofisticación nos métodos de elaboración. É tamén a responsable de imaxe e comunicación, da adega.
Continúa nunha búsqueda persoal e artística e considérase infinitamente afortunada por poder facelo na súa terra, protexendo o mellor que pode este legado natural, cultural e máxico da Ribeira.