OS GARDIÁNS DA RIBEIRA PRESENTE

A modo de cinema- fórum, baixo un formato combinado entre faladoiro e proxección de pezas documentais sobre a Ribeira Sacta, collen voz diferentes iniciativas que a través do seu desempeño avogan por un desenvolvemento da zona que coloca o acento sobre as persoas, sobre a cultura propia, sobre a protección do patrimonio menos visible.
 
Exhibiranse extractos das creacións audiovisuais A verba viva e Adegas da Memoria, presentados polos propios creadores, que darán conta das arelas e decisións que os levaron a crear ditos materiais.
Así, Lorena Gallardo e Mercedes Vázquez contarán A verba viva e Xosé Gago e Jose Castiñeira, contarán Adegas da Memoria.
 
O documental A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico é un percorrido pola Ribeira Sacra desde o seu núcleo. Unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás, que achegan o público espectador de primeira man á verdadeira identidade do territorio.
 
A verba viva promociona a Ribeira Sacra afondando no seu patrimonio lingüístico co obxectivo de recoller, recuperar e divulgar a lingua e os termos propios do xeito de vida da ribeira: artesáns e artesás, viticultores ou viticultoras con herdanza familiar e amantes do río e da terra.
 
A serie documental, Adegas da Memoria parte dos veciños e veciñas de Vilachá para indagar no pasado e presente da Ribeira Sacra cun ritmo pausado e unha estética coidada, todo acompañado pola voz poética de Olga Novo. A serie está dirixida por Xosé Gago e realizada por Iago Seoane e Rudá Cordaro de Nas Beiras e englóbase no proxecto homónimo promovido do Concello da Pobra do Brollón e a Asociación Veciñal de Vilachá, relevante ao realizar o primeiro gran estudo científico das orixes da Ribeira Sacra en colaboración coa Universidade Nova de Lisboa e o Incipit-CSIC.

Data e hora

vie., 9 de Xuño. de 2023 19:00 - 20:00

Ubicación

Casa da Cultura en Taboada, Lugo

Acerca do evento

Duración: 1 hora.
Necesítase reservar entrada.

Comparte este evento

GALERIA DA ACTIVIDADE

Concello de Taboada
Galicia
Fundación Condado de Taboada
Logo Caixa Rural Galega

Dirección de contidos vitivinícolas:
Roberto Regal, asesor enolóxico.

Desenvolve o Encontro:
Noa López Producións.

Comunicación e prensa:
Achega.