speaker-photo

Xosé Gago

Técnico de Cultura e Turismo do Concello de A Pobra do Brollón

"A paisaxe da Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural que non pode entenderse nen concebirse sen ter en conta ás personas que viviron e traballaron, e que viven e traballan na zona”.

Xosé é arqueólogo e técnico de cultura e turismo do Concello de A Pobra do Brollón; un dos impulsores do proxecto Adegas da Memoria.

Adegas da Memoria, mistura a serie documental, que profundiza na vida cotiá da veciñanza da parroquia ribeirá de Vilachá e o estudo científico sobre este territorio e as súas orixes.
Un proxecto etnoarqueológico en Vilachá de Salvadur que é unha iniciativa do Concello de A Pobra do Brollón e da Asociación de Veciños de Vilachá ca participación do Incipit-CSIC.

Na voz de Xosé Gago, o proxecto ten catro alicerces: a veciñanza, verdadeiros protagonistas; Os Conventos, xacemento arqueolóxico do Val do Frade; Os bancais e socalcos, elemento definidor da paisaxe da Ribeira Sacra, e as icónicas Adegas de Vilachá; e a finalidade última: “atopar a verdad detrás das cosas, fuxir das etiquetas turísticas da Ribeira Sacra como unha paisaxe inmóvil de postal e afondar na orixe e evolución da Ribeira Sacra como elemento vivo.”

19.00

Venres 9 de Xuño

VIDEOFORUM: OS GARDIÁNS DA RIBEIRA PRESENTE

LOCALIZACIÓN: Casa da Cultura

PARTICIPAN:

ACIMTA, Tamara Castro

Adegas da Memoria, Xosé Gago e José Castiñeira

A verba viva, Lorena Gallardo e Mercedes Vázquez

CATA GUIADA