María Pichín
Intérprete e Docente
Titulada en Danza Clásica, Graduada Superior en Pedagoxía da Danza Clásica.
Intérprete e Docente. Imparte os Obradoiros Cali para Nen@s
Preséntome como amante da natureza, a danza, a educación, o mar, a cor azul e a tranquilidade. Fronte a un mundo de constante movemento e saturación, síntome cómoda e libre na natureza. Desde pequena mantéñome en contacto con ela e necesítoa para sentirme en harmonía. O mesmo pásame coa danza, a miña forma de escape e de desconexión que me permite conectar comigo mesma dun xeito moi sincero.
Unha das miñas grandes motivacións é seguir aprendendo e achegar ao alumnado, ao público e as persoas máis próximas a min, a esencia e a maxia da danza