speaker-photo

Marcos Eyre

Sumiller e Director Finca Roxadouro en O Saviñao

Un apaixonado dos viños, ensalza os viños galegos en xeral e especialmente orgulloso dos viños da Ribeira Sacra, a súa terra.

Actualmente poñendo en marcha a Finca Roxadouro en O Saviñao , como director.

Orixinario de Chantada, conta cunha longa traxectoria como sumiller en restaurantes moi recoñecidos, como por exemplo, Árbore da Veira ( cunha Estrela Michelin) ou El Capricho, de José Gordón (La Bañeza ).

Terceiro clasificado nos dous últimos concursos de mellor sumiller galego e no 2022 participa na final do campeonato nacional de sumilleres.

Amante de seguir afondando no mundo do viño, fórmase e é formador especializado en viños de Jerez. Curso de especialización en viños de Montilla-Moriles así como nivel 3 wset e actualmente preparando o diploma wset.