ACTO DE APERTURA

 ACTO DE APERTURA

Presentación Raizames

Un emocionante e comunitario acto de apertura onde a veciñanza de Taboada e arredores ateigou o auditorio da Casa Cuartel e onde interviron 
Tamara Castro, Presidenta da ACIMTA.
Noa López, redactora do proxecto e directora de produción de RaizameS.
Roberto Regal, Director de contidos vitivinícolas de RaizameS.
Antón Ledo Pan en representación da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Pilar García Porto, Deputada de Réxime interior, Promoción do Territorio e Turismo, en funcións.
Xesús Montouto, Xefe Territorial de Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Ramiro Moure, Alcalde en funcións, de Taboada.
 
Tamara Castro, agradeceu a todas as persoas que fixeron posible a realización desta primeira edición de RaizameS: a implicación dos membros de ACIMTA, a colaboracións das institucións públicas, xa nomeadas e as colaboracións privadas da Fundación Condado de Taboada, na súa representación Ramón Vázquez; Caixa Rural, no nome de  María López, Directora da oficina da sucursal en  Taboada a A túa Xanela, na persoa de Iñaki Castiñeira. Tamén ao  equipo de profesionais que asumeu o deseño, organización e desenvolvemento de RaizameS: Noa López Produccións na redacción e produción; Achega na comunicación e Roberto Regal, na dirección de contidos vitivinícolas.
 
Noa López e Roberto Regal achegaron aos presentes aos contidos da programación e á filosofía e principios da mesma. Unha programación tecida a moitas mans, en diálogo permanente coa comunidade e que coloca ao viño da Ribeira Sacra e á súa cultura, nun lugar protagonista e como eixo de desenvolvemento do territorio. Cunha mirada tamén en feminino.
 
As autoridades presentes, coincidiron en destacar o carácter innovador de Raizames. Un Encontro interesante que se celebra ao redor do viño, que aposta polos productos de gran calidade na provincia de Lugo.