Sabela Rey
Dende pequena nútrese das músicas que cantan a voces toda a familia en festas e reunións: criouse no entorno dunha familia arraigada á música tradicional galega. Seu avó foi Juan Bello Mallou, nomeado gaiteiro maior de Galicia e galardoado con numerosos premios durante a súa carreira musical. E tanto seu avó como a súa nai e tíos formaron parte dunha das máis antigas institucións da música galega, a coral de “Cantigas e Agarimos”.
Sabela Rey comeza na música tradicional americana con The Lákazans. Anos despois entra nas formacións de Sabela King & The Heartbreakers e Dos Balazos Sonaron.
Aprende a tocar o ukelele de forma autodidacta e é a través deste instrumento que comeza
a crear as súas propias composicións.
Tendo en mente as fortes raíces da música das que provén, e tomando exemplo de grandes artistas galegos da actualidade, como Fran Pérez “Narf”, Xavier Díaz, Leilía... comeza a facer pequenas composicións na súa lingua materna: “No profundo”, “Sementes”, ou un poema escrito pola súa avoa titulado “Galicia desperta” e
que musicou como homenaxe, son algúns dos exemplos das composicións.
Como homenaxe e humilde admiración, xunto con Benxamín Vázquez toman o apelido do avó desta, “Mallou”, para dar nome a una pequena pero envolvente formación, cun repertorio íntegramente en lingua galega.