Luis Díaz
Toda a súa traxectoria profesional vencellada ao viño e ao xornal La Voz de Galicia, onde compaxinou crónicas vitivinícolas centradas na Ribeira Sacra con seccións de viños nas páxinas de Sociedade do xornal e no suplemento HUM! que foi premiado polo Ingavi nos Magnums á mellor labor de comunicación do viño.
Foi membro durante moitos anos do panel de cata da DO Ribeira Sacra e xurado na cata oficial desa DO e das de Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras, ademais da Cata dos Viños de Galicia, dos premios Bacchus que oganiza a Unión Española de Catadores ou o do concurso internacional que organiza o Cervim en Aosta para premiar os mellores viños de montaña europeos.
Foi tamén xurado en todas as edicións dos Premios Mágnum que concede o Instituto Galego do Viño e no ano 2006, recibíu unha das distincións anuais da Asociación de Sumilleres Gallaecia.
No 2017 o seu traballo foi recoñecido pola organización de Fevino de forma conxunta con divulgadores do viño como José Peñín, Andrés Proensa, Paz Ibison, Bartolomé Sánchez Fernando Gurrucharri ou Amaya Cervera.
Ten colaborado co Club Matador (xornada dedicada á Ribeira Sacra no 2016) e coa revista francesa Le rouge et le blanc en publicacións sobre o parentesco entre castes galegas e francesas, como o merenzao.