CATA CON ROBERTO REGAL

 CATA CON ROBERTO REGAL

O VIÑO NO CENTRO como fío condutor e sinal de identidade
Unha das constantes de RaizameS é a presenza protagonista do viño, como fío que nos leva de viaxe pola memoria e o legado, pola construción da paisaxe, pola mirada artística e por un rural produtivo e vivo, que loita por renacer habitado.

A xeito de colofón a cada actividade programada, realizouse unha cata guiada cos viños da Ribeira como protagonistas. Os viños contados por voces expertas: sumilleres, adegueiras, enólogas, etc

Un nutrido abano de maneiras de contar os viños. Catas con relato, catas que falan de solos, clima, biodiversidade, prantas, historia e terroir; e tamén da identidade dos viños, da xestión e maneiras dos ribeiraos, da creatividade na arte da viticultura e da enoloxía, das historias de vida que habitan en cada unha das persoas que decidíu adicarse á viticultura, e do pracer que provoca o desfrute dun viño compartido en comunidade.

Ópticas diferentes sobre un mesmo elemento, que lle agasallaron ao público asistente, unha perspectiva múltiple e rica sobre a realidade líquida da Ribeira Sacra.

O primeiro contaviños de RaizameS, na xornada do venres 9 de xuño: Roberto Regal, enólogo, viticultor, e director de contidos vitivinícolas do Encontro.