A NACIÓN DOS MIL VIÑOS

A Nación dos Mil Viños é a guía galega para adentrarse no mundo do viño, que busca ser unha iniciación combinada á cultura do viño en xeral, á súa proba sensorial e ó panorama concreto dos viños galegos.

Recolle todos os elementos máis destacados que inflúen no seu resultado final e que integran o proceso de creación cada ano desde a viña á copa: os solos, o clima, as variedades de uva, a viticultura e a enoloxía. Tamén as chaves elementais para o seu goce e análise sensorial.

É un repaso descritivo pola xeografía vitivinícola galega actual. Contidos que van acompañados de elementos históricos e culturais que contextualizan o significado e importancia do viño; tamén o protagonismo das persoas produtoras e as marcas comerciais como resultado final do traballo.

Data e hora

dom., 11 de Xuño. de 2023 11:00 - 12:00

Ubicación

Casa da Cultura en Taboada, Lugo

Acerca do evento

Duración: 1 hora.
Non se necesita reservar entrada.

Comparte este evento

GALERIA DA ACTIVIDADE

Concello de Taboada
Galicia
Fundación Condado de Taboada
Logo Caixa Rural Galega

Dirección de contidos vitivinícolas:
Roberto Regal, asesor enolóxico.

Desenvolve o Encontro:
Noa López Producións.

Comunicación e prensa:
Achega.