ESPAZO ADEGAS

Se detrás de cada viño se atopa un proceso de elaboración único que aporta unhas características especiais e diferenciadoras, detrás de cada adega agóchase unha historia de paixón e compromiso, unha concienzuda decisión de vida e unha mirada de futuro.

Prográmase entón, éste encontro entre apaixonados adegueiros que fixeron do viño, a súa forma de vida: un espazo para compartir reflexións e facer intercambio de experiencias, para narrar e presentar os proxectos propios entre iguais e por en común as inquedanzas sobre o sector. Unha mesa de confluencia que sirva para xerar novas sinerxias e para a búsqueda das claves que den un pulo renovado non só ao sector, senón ao rural no seu conxunto.

Xúntanse os representantes de catro adegas enmarcadas na D.O Ribeira Sacra. Nun primeiro momento, a xeito de panel de experiencias, preséntase cada un dos proxectos; para despois establecerse un diálogo a catro voces, dirixido polo xornalista Luís Díaz, e rematar cun espazo aberto para preguntas ou suxestións, entre o público asistente.

Rematarase a actividade, cunha degustación dos viños das adegas presentes, guiada e comentada tamén por Luís Díaz.

Participan:
Chao do Couso, Xiana Domínguez
Lagar do Vento, Antonio Roade
Instinto Romano, Miguel Pavón
Atrium Vitis, Ana Gadín
Xornalista especializado en viños, Luís Díaz

Data e hora

dom., 11 de Xuño. de 2023 12:00 - 13:00

Ubicación

Pazo de Bembibre en Taboada, Lugo

Acerca do evento

Duración: 1 horas.
Necesítase reservar entrada.

Comparte este evento

GALERIA DA ACTIVIDADE