ATMÓSFERA VIÑO: 2ª SESIÓN
Na tarde do sábado 10, dende as 19.00h a Praza de Riazón voltou converterse en Espazo Atmosfera Viño. Desta volta, foron as voces de David Pascual, Presidente da Asociación Galega de Enólogos, e Ana Sofia Emidio Martínez, Xefa de sala e sumiller en Manuel Bistro, as que contaron os viños a degustar.
David presentou seis viños de colleitas e procedencias distintas, tres chans de granito e tres chans de pizarra.
Asemade, Sofía achegounos a outros seis viños: tres brancos envellecidos das colleitas de 2017, 2019 e 2020 e tres merenzaos, das mesmas colleitas ca os anteriores.
Para acompañar a cata a cegas, ambientou a delicadeza musical da sesión picadiscos de Sons do Gramófono.
O benestar instaurouse entre o público asistente, que se resistía a deixar a Praza, tendo que alongarse a sesión por petición popular, máis alá do programado.