AGRADECEMENTOS O EQUIPO QUE FIXO POSIBLE RAIZAMES
RaizameS é unha semente de presente e futuro que conseguíu agromar grazas á dedicación e entrega dun equipo profesional e humano ben fornecido de confianza, teima e intenso traballo.
A dedicación e entrega férrea de Tamara Castro, capitaneando a ACIMTA, entidade organizadora do Encontro; acompañada e apoiada polos demais membros do equipo directivo e de Iván Vázquez, coordinador da Asociación.
A teima de Roberto Regal, director de contidos vitivinícolas e responsable de recordarnos que as periferias non existen e que Taboada é tamén viño e Ribeira.
O saber tecer con mimo, de Noa López Producións, redactora do proxecto, responsable do deseño programático, coordinadora de contidos comunicativos, e directora de produción.
A perspectiva comunicativa de Iria Guitián, de Somos Achega, responsable de comunicación e prensa.
A mirada creativa de Ana Rivera, de Dinámica Estudio Creativo, concibindo unha identidade gráfica para RaizameS, igual de rupturista e diferenciadora ca o propio Encontro.
A rapidez loxística de Bruno Lovelle, coordinador do espazo atmósfera viño e das voces expertas.
A impecabilidade e doce saber facer de Bea Bugallo na produción executiva.
O inmediato entendemento espacial, estético e de concepto, de Isa e Luchi, de Tawi Momentos, que transformaron a Praza de Riazón nun gran e confortable salón. E que ata “enraizaron” as letras con arame de atar as viñas.
O atento e sensible rexistro gráfico da fotógrafa Lorena Grandío, de &.Grand.
Tamén grazas ao apoio das traballadoras e traballadores municipais, a toda a veciñanza de Taboada, e a todas as artistas, voces expertas da cultura do viño, viticultoras, adegueiras ou divulgadoras que confiaron a cegas nesta aventura incerta chamada RaizameS e decidiron implicarse aínda sen saber de qué se trataba.
Coa colaboración de Axencia de Turismo de Galicia, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Deputación de Lugo: Servizo de Turismo e Vicepresidencia; Concello de Taboada, Caixa Rural Galega, A túa Xanela e Fundación Condado de Taboada.
De mans collidas, RaizameS foi é e será, realidade! Longa vida ao Encontro!