FECHE DO ENCONTRO

Brinde de feche de Raizames!

Os pasados 9, 10 e 11 de xuño puidemos descubrir a abondosa diversidade dos viños da Ribeira Sacra, a través dunha mirada diferenciadora.

A celebración da cultura do viño manifestouse a través dun cruce de miradas artísticas, lúdicas, formativas e ata etnográficas, ao longo das diferentes accións programadas: a música, a danza, a poesía, a fotografía ou a narración oral entretecidas coas catas, os encontros, as visitas a viñas ou adegas.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible cumprir este soño: veciñanza de Taboada, artistas, técnicas, sumilleres, enólogas, viticultoras, medios de comunicación, e a todas as persoas que arrouparon este Encontro.

Grazas ás entidades que apoiaron Raizames: Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Vicepresidencia da Deputación de Lugo – Cultura, Deputación de Lugo – Turismo, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Concello de Taboada. A túa Xanela, Fundación Condado de Taboada e Caixa Rural Galega.

¡¡Ata o próximo Raizames!!

Data e hora

dom., 11 de Xuño. de 2023 16:00

Ubicación

Praza de Riazón de Taboada, Lugo

Acerca do evento

Brinde final do encontro

Comparte este evento

GALERIA DA ACTIVIDADE

Concello de Taboada
Galicia
Fundación Condado de Taboada
Logo Caixa Rural Galega

Dirección de contidos vitivinícolas:
Roberto Regal, asesor enolóxico.

Desenvolve o Encontro:
Noa López Producións.

Comunicación e prensa:
Achega.

A despedida desta primeira edición de RaizameS, celebrouse coa copa en alto, coa emoción de sabernos sementes e brindando por reencontrarnos no 25 aniversario (e unha vez cada ano), deste encontro da cultura do viño que pon o acento nas persoas e no territorio.

Celebrouse tamén co corazón cheo de gratitude a todas as persoas que coa súa presenza, participación e apoio, fixeron posible e fermoso, este primeiro RaizameS.