ESPAZO ATMOSFERA VIÑO : 1ª SESIÓN

Data e hora

sab., 10 de Xuño de 2023 12:00 - 16:00


Comparte este evento

Ubicación

Praza de Riazón en Taboada, Lugo

Acerca do evento

Non se necesita reservar entrada.

A Praza de Riazón concentrará o ESPAZO ATMOSFERA VIÑO, con tres sesións temáticas e especializadas, dúas o sábado e unha o domingo; onde poder degustar bos viños, contados por voces expertas. 

Co obxecto de descubrir a abondosa diversidade dos viños da Ribeira Sacra, sen condicionamentos previos ou prexuízos, sen deixarnos influenciar pola popularidade dun viño ou pola falta dela, as degustacións realizaranse a cegas.

Cada un dos seis bloques temáticos fan un achegamento a cada viño, dende a súa análise sensorial, sen coñecer a marca, ou a anada. Cataranse viños Merenzaos; Horizontal 2015, Tintas minoritarias, viños de solo de granito, Brancos vellos…  Así ata 12 bloques de viños.

Todo isto será giado da man de profesionais do sector que irán contando os viños de xeito didáctico, e co servizo do viño a cargo de profesionais da hostalaría. Provócase deste xeito, o adentramento nunha multitude de sensacións que nos ofrece a Ribeira Sacra.

Isabel Lozano Verdes

Xerente de Vinissi

VIÑOS ROSADOS

Isabel Lozano trasladaranos ao mundo dos viños dos rosados, coa cata de tres viños desta tipoloxía. Un viño da variedade de caíño, outro da variedade de Merenzao e un da mistura de Brancellao e Mencía.

VIÑOS DE TABOADA

Isabel tamén fará unha cata dos viños de cada unha das parroquias de Taboada. Catro parroquias, catro viños distintos: un viño da parroquia de Xián, outro da parroquia de Castelo, da parroquia de Friamonde e de Sobrecedo.

Marcos Eyre

Sumiller e Director Finca Roxadouro en O Saviñao

DESCUBRE ¨BRANCELLAO¨

Marcos Eyre mergullaranos no mundo da variedade Brancellao, a través da cata de tres viños desta variedade de distintas colleitas, de tres concellos distintos.

CASTES BRANCAS MINORITARIAS

Con este prestisioxo somelier tamén imos descubrir dúas castes brancas minoritarias: a Dona Branca e a Branca Lexítima.

GALERIA DA ACTIVIDADE

Concello de Taboada
Galicia
Fundación Condado de Taboada
Logo Caixa Rural Galega

Dirección de contidos vitivinícolas:
Roberto Regal, asesor enolóxico.

Desenvolve o Encontro:
Noa López Producións.