ENCONTRO: O VIÑO, UNHA HISTORIA DE MULLERES

 ENCONTRO: O VIÑO, UNHA HISTORIA DE MULLERES

Ana Cabaleiro, xornalista e escritora e Paula Fraga, sumiller e formadora

Unha visión sobre a realidade dun territorio, á que lle falte a mirada feminina, é unha visión sesgada e pobre. Resultaba indispensable, porén, completar o discurso sobre a Ribeira Sacra, incluíndo a perspectiva feminina. A búsqueda da testemuña das grandes invisibilizadas, as mulleres da Ribeira, as principais ausentes no relato histórico, das que non trascenden nen caras nen nomes.

É así que naceu este encontro denominado “O viño, unha historia de mulleres”. O encontro entre mulleres referentes, mulleres concretas con historias de vida e desenvolvemento reais, que dende diferentes maneiras e lugares, viven e traballan, con paixón e entrega, o mundo do viño. Mulleres que racharon un teito de cristal (ou ao menos se enfrontaron a el) para desenvolverse a nivel personal e profesional.

Cinco mulleres, cinco miradas, cinco sentires: Esther Teijeiro, viticultora e adegueira. A pioneira; Paloma Rodríguez Moure, adegueira multidisciplinar de alma inquieta e creativa; Paula Fraga, sumiller e formadora; Emilia Díaz, investigadora do sector vitivinícola e enolóxico. Guiou a conversa, Ana Cabaleiro, xornalista e escritora galega, cunha fonda vinculación persoal e profesional, co desenvolvemento do mundo rural.

O resultado: un cruce de perspectivas, de formas de sentir, de discursos honestos, personais e cercanos, o debuxo do mapa emocional do sector, tecido a moitas mans, compartindo tamén o diálogo co público asistente.

O éxito: non houbo cadeiras que chegaran!!!

Fechou o encontro, Sabela Rey coa intervención musical BERRA, e unha cata de viños con nome de muller, a mans de Paula Fraga.