DANZA CONTEMPORÁNEA: FEMINITUDE DE CALI DANZA
RaizameS é un conxunto de abondosas raíces que sea entretecen con forza, e nos levan ata o profundo das cousas.
RaizameS é o espazo para as creacións cimentadas en firme.
RaizameS son as artes misturadas en harmonía, cobrando intensidade en cada encontro.
RaizameS é FEMINITUDE, o espectáculo de danza contemporánea, que abríu a programación da tarde do sábado na Praza de Riazón.
Espectáculo de Cali Danza, cun fondo percorrido polo universo feminino, amosando a interioridade das mulleres do S.XXI e os ecos das que as antedeceron. Unha escena crúa e honesta, que surfea as ondas emocionais a través da poesía e da danza e que se mergulla no universo feminino do viño, como as bailarinas se mergullaron no barcal de pisar as uvas.
RaizameS significa tamén, primeiras veces en Taboada. As miradas do público asistente: atentas, entregadas, sorprendidas, sorrintes, impactadas, conectadas, sensibles. RaizameS danzou o viño e a súa relación co lugar e espazo que a muller da Ribeira ocupa nel.