speaker-photo

Xiana Domínguez

Adegueira

Enxeñeira agrícola do concello ourensán da Pobra de Trives, Xiana Domínguez fíxose cargo da adega familiar no 2009, na zona do río Bibei.

O seu pai foi un dos adegueiros pioneiros na Denominación de Orixe Ribeira Sacra e ela tomou as rendas dos viñedos familiares cando o seu pai tivo que deixalo. Con algúns dos seus viños acadou a máxima distinción en certames nacionais, pero sobre todo acadou o recoñecemento dos seus veciños. Vive e traballa entre viñedos dende nena e aínda que traballaba noutras comunidades, adegas e cooperativas, decidiu regresar á súa vila para retomar o pequeno comercio do seu pai, respectando o produto que sempre facía e relanzando un novo, que ela consideraba "viño de firma" e que bautizou co seu propio nome.

Comprometida cunha tradición familiar que se remonta a moitas xeracións atrás, defende que esas tradicións, eses cultivos e ese xeito de tratar a terra, están directamente vinculados á conservación da biodiversidade nunha paisaxe que foi tan intervida e conformada polo home ao longo do tempo.

A produción da adega é escasa, pero producen algún viño especialmente singular como o “Alcouce”, que pasa 41 meses en barrica de carballo (un crianza de mencía).

12.00

Domingo 11 de Xuño

ENCONTRO: ESPAZO ADEGAS da D.O Ribeira Sacra 

LOCALIZACIÓN:Pazo de Bembibre

PARTICIPAN:
Chao do Couso, Xiana Domínguez
Lagar do Vento, Antonio Roade
Instinto Romano, Miguel Pavón
Atrium Vitis, Ana Gadín
Xornalista especialista en viños, Luís Díaz

CATA GUIADA